O departamento de chinés participou no proxecto interdepartamental “Alimentación e saúde” coas seguintes actividades:
O alumnado de básico 3 elaborou un mapa de sabores dos oito estilos culinarios chineses tradicionais.
O alumnado de intermedio 1 escolleu e prepararou as receitas de dous pratos típicos chineses, en chinés e galego. A profesora voluntaria do Hanban destinada na escola, Yang Luyao, realizou na clase previamente unha presentación sobre a cociña chinesa e sobre a etiqueta na mesa e penduráronse os materiais preparados por ela na aula virtual. Para a escolla e elaboración das receitas o alumnado consultou internet ou a bibliografía disponible na biblioteca da escola. Podedes ver aquí os materiais.
O alumnado tamén elaborou, a partir da presentación da profesora Yang Luyao e doutros materiais, un listado-resumo de aspectos importantes de etiqueta na mesa.
Como durante o curso escolar o centro dedica cada mes á promoción dunha lingua, durante o mes do chinés realizouse unha actividade cultural destinada a todos os membros da comunidade educativa que, ademais de ter como función promocionar a cultura chinesa, tamén estaba relacionada coa vida saudable. A actividade é un micro-obradoiro de Taichí, práctica tradicional chinesa con beneficios saudables. A profesora Yang Luyao ensinou movementos básicos da práctica do Taichí. A duración foi duns 10 minutos e as sesións realizáronse durante o mes do chinés en tódalas aulas nas que o profesorado ou alumnado soliciten o obradoiro.
Se queredes practicar o vocabulario do micro-obradoiro de Taichí, aquí tedes unhas ligazóns ás unidades de Quizlet que se elaboraron para o obradoiro:
alemán – chinés: https://quizlet.com/_4m3vy6
galego – chinés: https://quizlet.com/_4lhxjd
inglés – chinés: https://quizlet.com/_4lgd5s
italiano – chinés: https://quizlet.com/_4lk0d8
portugués – chinés: https://quizlet.com/_4ln4kc