E para rematar…. Festa!

O 19 de abril puxemos o broche final ao proxecto na EOI. Agradecemos a presenza da representante da Deputación neste acto, Pilar García Porto. E por suposto, agradecemos a participación do alumnado en todo o proxecto, ao profesorado que se implicase nas actividades, na tarefa final e en todo o proceso do proxecto, a Pedro…

Portugués

O departamento decidiu escoller un elemento básico para todo o proxecto: o feixón. En básico traballáronse receitas con feixón, para que haxa entradas, pratos principais e sobremesas. Os propios alumnos compartairon as súas receitas. En intermedio viuse a historia e cultivo do feixón en Portugal e no Brasil. En avanzado traballamos o consumo responsable, a…

Francés

O Departamento de Francés realizou moitas tarefas relacionadas con este proxecto ademais de escoller dous pratos, un doce e outro salgado. O alumnado de Básico 1 fixo a lista da compra., para a que se preparou facendo escoitas como esta. Básico 2 comparou os produtos do supermercado cos do mercado local e cos produtos bio e…

Galego

O Departamento participa no PDI Alimentación e saúde traballando sobre tres pratos, un salgado e dous doces. A estrutura queda do seguinte xeito: – O primeiro prato é unha empanada. O alumnado fará unha recolleita de receitas indicando a súa orixe segundo os seus ingredientes (montaña, interior e costa) e, de entre todas as que…

Chinés

O departamento de chinés participou no proxecto interdepartamental “Alimentación e saúde” coas seguintes actividades: O alumnado de básico 3 elaborou un mapa de sabores dos oito estilos culinarios chineses tradicionais.  O alumnado de intermedio 1 escolleu e prepararou as receitas de dous pratos típicos chineses, en chinés e galego. A profesora voluntaria do Hanban destinada…

Inglés

No Departamento de Inglés traballamos a alimentación e a saúde en todos os niveis de xeito diferente. Incluso dedicamos aulas ás boas maneiras na mesa e fixemos un obradoiro de Taichí!   Un aspecto da saúde que nos preocupa na escola é como salvar vidas. Por isto, formamos parte do proxecto  RCP na aula. Así…

Alemán

No marco deste proxecto interdepartamental, o de alemán desenvolveu unha serie de actividades que, de xeito coordinado e progresivo, incluiron todo o noso alumnado. Este proceso explícase na presentación que se atopa á dereita, a xeito de pirámide. O alumnado do curso monográfico de Introdución ao Nivel C1 elaborou unha guía de consellos sobre alimentación…